image_pdfimage_print

Despois dunha errática e longa expedición intergaláctica, pousei os pés sobre a superficie luar e alí atopeime con ela: unha fermosa extraterrestre completamente diferente ás demáis.Cando a vín, sentín esvarar un frío lóstrego no peito e froito da gravidade, os nosos corpos aproximáronse ata ficar entrelazados. O aparatoso traxe espacial separaba a miña pel do seu corazón, pero podía sentirlle os ollos, asulagar con dozura a miña alma. Nada podía poñer cancelas a ese amor embarcado nunha interacción cósmica, nin sequera o feito de que eu fose un astronauta e ela unha muller doutro planeta. As nosas pisadas viaxaron, esvaecéndose ao longo de todo o sistema solar.

Era tarde e a misión estaba chegando ao seu fin. Aterrou a nave xusto na derradeira páxina. Pousei o libro na mesiña e apaguei a lámpada. Hora de durmir, mañá hai cole.